MENÚ DE REFECTORIO

Viravolta títeres cociña para a comunidade un menú humanístico! Da suxestiva “carta” de El Conde Lucanor do Infante Don Juan Manuel e O Decamerónde Giovanni Boccaccio; escollemos para este xantar ingredientes de O que aconteceu a un deán de Santiago con don Illán o máxico, que moraba en Toledo e Quiquibio, cociñeiro de Conrado. Un menú mestizo de dous pratos e sobremesa para apreciar os sabores do anhelo, da cobiza, da astucia e do enxeño. Carpe diem quam minimun credula postero!
Pulsa no seguinte botón para obter máis información.

Ver máis

CONTOS AO PÉ DA CAMA

É hora de durmir! Nemo está canso pero non quere ir para a cama pois non fixo un conto sobre o lixo. Durmido!. A súa cama viaxa o país dos soños, uns soños perturbadores e axitados nos que o inquedo e lambeteiro pequecho descobre que o seu arredor medra o lixo. O lixo que destrúe o espazo, os mares e a terra. Ademais destes personaxes, polos soños de Nemo aparecen outros que provocan doces emocións e pequenas angustias, coma a balea, as pequenas serpes, as boias, a papeleira…

Ver máis

MARIONETAS E GUITARRAS - 300 ANOS DO RELATO DO PEREGRINO G.A.NAIA -

Marionetas e guitarras é un concerto teatralizado a partir do manuscrito de Giacomo Antonio Naia “Viaggio in Ponente a San Giacomo di Galitia, e Finisterrae (1717-1719)”, diario da viaxe realizado por este frade carmelita procedente do convento de Iesi en Italia, viaxaba acompañado dunhas marionetas e unha guitarra coas que amenizaba aos seus anfitrións nos conventos e outras estancias polas que pasaba. Espectáculo realizado por Viravolta títeres con Fernando Reyes á guitarra barroca e encargado da dirección artística e musical. Partindo das numerosas anécdotas do seu diario danse a coñecer as músicas e o teatro popular que se espallaba polo Camiño de Santiago a principios do século XVIII. Este frade levaba consigo unha marioneta e unha guitarriña coas que entretiña aos seus anfitrións en mosteiros e outros lugares, provocando neles sorpresas e risas. Manexaba, como moitos titiriteiros da época, a técnica da palleta para amplificar e distorsionar a súa voz. Seráns musicais nos mosteiros ou na compaña de veciños dos lugares que lle daban pousada; veciños que a súa vez tocaban e cantaban. A posibilidade de tocar xuntos e compartir músicas e cancións era unha das actividades máis comúns nas paradas dos peregrinos.

Ver máis

BARRIGA VERDE

Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde en compañía da súa cachiporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX
“ Morto o demo, acabouse a peseta”

Ver máis

A MALETA DE DON ATTILIO

O circo de Don Attilio chega á vila!, A pista xa está montada na praza… O público agarda expectante a que comece o espectáculo… Cando…
Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto! Pero estes amores son imposibles, “onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?” dirán todos. Ao final o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar aos namorados.

Ver máis

A NENA QUE REGA E O PRÍNCIPE PREGUNTÓN

Un clásico do teatro de marionetas popular. Unha representación de “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”; tal e como nos chegou nas lembranzas da máxica velada do seis de xaneiro de 1923 na que Federico García Lorca, Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz agasaiaron a familia e os veciños na casa do poeta. Un retablo, unha guitarra e títeres de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón.

Nena, nena que regas a alfabaca,
cantas folliñas ten a mata?

Ver máis