NÓS

Viravolta naceu en 1982, formada por Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado, convertíndose nunha das máis antigas de Galicia. Na actualidade dispoñemos dun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, en moitos deles combinamos as marionetas coa música, de cámara ou tradicional.

Nos anos 90, dentro de Viravolta títeres, xurdiu outra compañía, Seisdedos, especializada en espectáculos de pequeno formato, adaptados a calquera espazo escénico e nos que marionetas e actores comparten escenario.
En 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea de Viravolta títeres, realizamos unha exposición conmemorativa no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, na que amosamos monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas. Esta exposición foi o punto de partida para a creación do extinto Museo Galego da Marioneta, que contou con marionetas, atrezzo, carteis… e unha biblioteca especializada, unha das máis completas do estado.
Ademais da produción e distribución de espectáculos realizamos outras actividades a través de Viravolta Enredos: obradoiros, cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal… sempre relacionadas co mundo dos títeres.

ESPECTÁCULOS

Nesta web, no apartado de espectáculos poderás atopar todo o noso repertorio, dende obras míticas como Xan Miñoca ou Barriga Verde, como as máis novas como Menú de Refectorio ou Marionetas e guitarras - 300 anos do relato do peregrino. Todos e cada un dos espectáculos que fomos realizando todos estes anos.

Ademais poderás atopar información específica de cada un deles para coñecer máis afondo a historia que hay detrás de cada actuación.

CONTACTO

Aquí poderás atopar todos os datos para contactar con nós tanto se tés algunha dúbida como se precisas de máis información.
Escríbenos á seguinte dirección de correo viravoltatiteres@gmail.com ou a través das seguintes redes sociais.